martes, 18 de diciembre de 2012

Sabedes que no Reino Unido non comemos uvas para celebrar o comezo de Ano? A tradición é facer un círculo agarrándonos as mans e contando en alto ata 12. Despois decimos "Happy Hogmanay!!! ,  cantamos Auld Lang Syne e nos bicamos. A tradición di que se a primeira persoa que entra na casa é alta e morena, teremos boa sorte. E se trae carbón, sal e unha botella de whisky, inda mellor!
Hoxe coa clase de 5 anos estivemos practicando un Fin de Ano Escocés como é debido. Gracias a Xoán, a Xián e a Marcos por facer de tall dark first footer! Case choro coa morriña!!!


TWINKLE TWINKLE LITTLE STAR

domingo, 16 de diciembre de 2012

ELF YOURSELF!!! Transformémonos en Elfos!!!! Nesta páxina podedes por fin !! Risas garantizadas!
http://www.jibjab.com/personalize/casting/free/204768/elf_dance_machine?category_id=65&jjchannel=holidays

Premede en Add Photo e subides as fotos dende os arquivos, a cámara web ou facebook!

jueves, 13 de diciembre de 2012

Hai unha tradición súper chula  que non é moi coñecida fora do Reino Unido, os Christmas Crackers!


Parecen caramelos xigantes, pero non o son.  Colócanse na árbore de Nadal, e o día de Nadal antes de comer cada persona colle o seu e coa axuda de alguén tiran de cadanseu  lado. Dentro hai unha corona de papel, un chiste ou adiviña e un pequeno agasallo. Christmas Day non está completo sen os Christmas Crackers! Aiiii! Que morriñaaaaa!
Un pequeno video para ensinarvos:
CHRISTMAS CRACKERS
HO, HO HO!!! MERRY CHRISTMAS!!

I love Christmas!! Such happines to see the little one's faces when they decorate the Christmas Tree, when they go to the Three Wise Men Parade,when they see their presents...
Bo Nadal para toda a a familia!
Feliz Aninovo!
 




Nestes enlaces podedes ver vocabulario relativo a estas datas, villancicos, e un clásico: Mr. Bean en Nadal.
Enjoy them!
VOCABULARIO
JINGLE BELLS
WE WISH YOU A MERRY CHRISTMAS

MR. BEAN CHRISTMAS 
No Reino Unido o Nadal non é nadal sen esta peli!