martes, 18 de diciembre de 2012

Sabedes que no Reino Unido non comemos uvas para celebrar o comezo de Ano? A tradición é facer un círculo agarrándonos as mans e contando en alto ata 12. Despois decimos "Happy Hogmanay!!! ,  cantamos Auld Lang Syne e nos bicamos. A tradición di que se a primeira persoa que entra na casa é alta e morena, teremos boa sorte. E se trae carbón, sal e unha botella de whisky, inda mellor!
Hoxe coa clase de 5 anos estivemos practicando un Fin de Ano Escocés como é debido. Gracias a Xoán, a Xián e a Marcos por facer de tall dark first footer! Case choro coa morriña!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario